páreceme mentira que aínda haxa guerras no mundo, tantos adiantos ,para que? se sigue haber fame e guerras

fai tempo escribín esta poesía, espero que vós guste

 

      

 

Po no horizonte.

Fume tralas montañas.

Forte estrondo nos oidos.

Sangue vermello por veludo.

 

Homes que parecen homiños

camiñando, voando,

no fondo do ecéano.

 

Corren, paran, sofren, avanzan.

Caen, ás veces enteiros 

outras esnaquizados.

Pernas, brazos,ollo, vísceras.

Revoltallo de humanidade

 

Mulleres que os seguen, os emulan, choran.

Nenos que a escola fanna no cuartel.

 

Como, pero como, pode neste mundo,

agromar onde queira  como a mala herba

que medra sen parar.

A guerra, é a guerra!

A través da historia, da tele, dos pobos, do cine, da vida...

Nunca chega ó fin.