Cada vez que vou ler a prensa o na casa alguén está vendo a tele, atópome con que aparecen como noticias cousas sobre persoas que ao meu entender non deberían ser noticia, o alo menos, non en algo un pouco serio.

Imos ver, a quen lle importa se fulanito de tal  cásase ou se vende o seu castelo. Isto non é serio.

Xa sei que hai moita xente que deveza por saber dos famosos, pero é que agora calquera é famoso. Persoas que nin tan sequera cantan o actuan ben, polítiqueiros que non fan nada, aínda peor, famosillos que o único mérito que teñen é entrar e saír dos xulgados.

Non quero deixar de mencionar a esos novos deuses, as deportistas ou deportistas ( tanto máis se son futboleros, eiquí ).

Triste é pensar que eses son os modelos, que,alomenos en apariencia, ten a nosa xuventude.

Eu sei que tamén a xuventude e crítica e espero que teñan máis sentido cos que nos traen esas novas.